MENÚ

A Fundación Banco Sabadell, colaborador principal do festival

A Fundación Banco Sabadell, colaborador principal do festival

A Fundación Banco Sabadell será o colaborador principal do festival ‘Bal y Gay’, que organiza a Fundación Xesús Bal y Gay, para a súa edición de 2020 tras o acordo ao que chegaron ambas as partes.

Así, a Fundación Banco Sabadell, constituída co propósito de estimular a excelencia e promover o saber e a cultura, mostra o seu apoio ao festival ‘Bal y Gay’, que aspira a converterse nun referente da música clásica e da cultura en Galicia, ao constatar que o evento reflicte os tres principais valores da fundación: proximidade, excelencia e innovación. A Fundación Banco Sabadell e a Fundación Xesús Bal y Gay entenden a proximidade como a maneira adecuada de responder o compromiso. Ademais, promoven a excelencia dada polo talento, o esforzo e a igualdade de oportunidades. Tamén fomentan a innovación entendida como a capacidade de ler o presente para avanzarse ao futuro, unha actitude esixible en todos os ámbitos.

 Talento novo e cultura son os principais ámbitos de actuación da Fundación Banco Sabadell. A fundación recoñece e acompaña ás persoas con talento, apoiando a innovación e a excelencia na investigación e o coñecemento. Así mesmo, ten como obxectivo o fomento e a difusión das artes e o coñecemento científico e técnico, social e humanístico. Dous ámbitos que concordan coa filosofía de ‘Bal y Gay’, unha cita consolidada polo seu cartel de artistas de primeiro nivel e a formulación integradora que desenvolve para que a música sexa un instrumento dinamizador da poboación.

 Sobre a Fundación Banco Sabadell

 A Fundación Banco Sabadell constituíuse como fundación privada no ano 1994 co propósito de estimular a excelencia e promover o saber e a cultura. O obxectivo da Fundación é promover actividades de divulgación, formación e investigación nos ámbitos educativo, científico e cultural, así como fomentar e apoiar o talento novo. Ao longo da súa traxectoria, contribuíu a impulsar actividades nestes ámbitos e tamén se consolidou como organizadora dos prestixiosos galardóns Premio Fundación Banco Sabadell á Investigación Biomédica, á Investigación Económica e ás Ciencias e Enxeñería.

 Sobre a Fundación Xesús Bal y Gay

 A Fundación Xesús Bal y Gay nace en febreiro de 2020 co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da cultura, o pensamento e as artes nas súas distintas formas de creación e expresión. Quere converter a música en vehículo de cohesión social e de desenvolvemento cognitivo-emocional na sociedade a través dun intenso programa socio-educativo. A Fundación Xesús Bal y Gay organiza o festival ‘Bal y Gay’, que afronta a súa sétima edición do 12 ao 24 de agosto en sete localidades da Mariña lucense cun elenco de músicos de prestixio nacional e internacional en contornas  idílicos, fusionando a música coa a natureza e o patrimonio artístico da zona.