Concello de Riotorto

Riotorto

CONCELLO DE RIOTORTO

Este pequeno  concello pertencente á comarca de Meira está formado por sete parroquias dunha extraordinaria beleza paisaxística e que convidan a facer excursións polas serras de  Pusadoiro e  Augaxosa e polos vales dos ríos  Orrea, Eo e  Torto.

O municipio está repleto de numerosos templos parroquiais e capelas. Entre as máis importantes háxanse a capela de San  Bernabé e San Roque do século  XI, que se atopan en Espante de  Riba e os retablos das igrexas de Santa María e San Pedro en Meilán. Destaca tamén a chamada Torre do Mouro, unha edificación medieval que se atopa en Santa Marta.

Na parroquia de  Ferreiravella concéntrase a produción artesanal, onde algúns ferreiros aínda elaboran apeiros de primeira necesidade, á maneira tradicional dos seus antepasados.

A gastronomía de toda a comarca conta con deliciosos pratos baseados na tradicional cociña galega. Imprescindible a torta de Riotorto, feita con améndoas, ovos e froita confeitada.