Concello de Cervo

Este fermoso  concello da Mariña lucense abarca unha extensión de 78 quilómetros cadrados dividida en seis parroquias: Castelo, Rúa, San Román de  Vilaestrofe, Cervo, Sargadelos e Lieiro, todas elas cunha beleza paisaxística propia. No legado da historia de Cervo destaca o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que está formado varios bens patrimoniais: restos das instalacións siderúrxicas, Antiga Fábrica de Louza, a presa, Casa da Administración, Casa do Peso, Pazo de  Ibañez, Xardín do Pazo de  Ibañez, Paseo dos Namorados, Iglesia de Santiago de Sargadelos e cemiterio.

A importancia das minas de  caolín foi decisiva para o establecemento de fábricas de cerámica, das que era materia prima esencial. Pola Ponte Romana de orixe medieval, que se sitúa na zona do  Bao, pasa o río Cobo, que desemboca no porto de San  Ciprián, un dos primeiros portos baleeiros do mar Cantábrico e que no século  XVIII levaba ás Antigas Reais Fábricas de  Fundición e Louza de Sargadelos. Ao longo deste río atópanse diversos muíños antigos ata a súa desembocadura na praia. Cervo ten fermosas praias como a de  Rueta, nas inmediacións da capitalidade e praias tranquilas e cómodas no corazón da vila de San  Ciprián, tamén coñecida como “A Península da Paz”.

 

La Catedral de Mondoñedo

Fábrica de Sargadelos

A Cerámica de Sargadelos xurdiu da iniciativa ilustrada de Antonio Raimundo Ibáñez nos primeiros anos do século  XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza na parroquia do concello de Cervo no ano 1806. Sumado á infraestrutura siderúrxica, contou coa calidade sobresaliente dos xacementos de  caolines existentes nas proximidades de Sargadelos.

A fábrica viviu unha  épca de esplendor, chegando a producir 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século  XIX; placas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo  neoclásico, inspirado na louza inglesa de  Bristol. Pezas pintadas a man con estampaxe e  policromía.

Máis de 1.000 familias chegaron a traballar para a fábrica en 1849, de onde saían 205 carros e 22 buques de cabotaxe con máis de 100 fornadas de louza. Catro fornos distintos, 30 estufas, muíños, nove grandes talleres completaban o recinto.

As perdas ocasionadas polos preitos familiares dos Ibáñez levaron á fábrica para pechar como empresa no ano 1875.E non foi ata a segunda metade do século  XX que se recuperou o seu legado.

En 1968 comezaron as obras da actual fábrica de cerámica de Sargadelos. A nova fábrica formaba parte dun proxecto destinado á recuperación moderna da identidade galega, impulsado por Díaz Pardo e outros creadores e intelectuais galegos no exilio.

En 1972, o perímetro das antigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.