MENÚ

Concello de Barreiros

BARREIROS

A súa situación xeográfica, xa que Barreiros atópase entre o mar, con finísimos areais que suman 8 km de lonxitude e á beira da praia das Catedrais, e a montaña, converte a Barreiros nun centro turístico da Mariña. 
Este municipio está intimamente ligado á historia da provincia desde tempos prerromanos. No lugar da Roda descubriuse no ano 2006 o henge de Roda, cunha antigüidade aproximada de 3 700 anos. Esta estrutura megalítica é a primeira destas características que se descobre e investiga na península ibérica. 
Vinculada á emigración durante os séculos XVIII e XIX, algúns dos emigrantes, popularmente chamados "os americanos", contribuíron ao desenvolvemento cultural, fundación de escolas parroquiais, e ao desenvolvemento urbanístico, levando a cabo construcións indianas, que hoxe en día son unha das características máis peculiares da zona.