MENÚ

Concello de Mondoñedo

Capital da Mariña, Concello cun gran patrimonio histórico e cultural. Mondoñedo posúe o título de cidade desde que llo concedese en 1156 Alfonso VII de León e foi capital de provincia ata as reformas liberais de 1833 que a integraron na provincia de Lugo.

Cabeceira de diocese desde 1112, foi reunindo un importante patrimonio histórico e monumental e na actualidade conta cun impresionante centro histórico, declarado como tal en 1985. O monumento máis destacado é a súa Catedral Basílica da Asunción que é Patrimonio da UNESCO desde o 2015.

Á beira desta tamén se deben mencionar edificios de gran interese histórico e monumental como son o Palacio Episcopal (cuxas fachadas actuais son da súa última reforma no s. XVIII), o Real Seminario Conciliar de Santa Catalina (s. XVIII), a Fonte Vella (s. XVI), o Consistorio Vello (s. XVI), o actual edificio do concello (s. XVIII), o Hospital de San Pablo e San Lázaro (s. XVIII), o Santuario de Vos Remedios (s. XVIII) ou o Mosteiro da Concepción (s. XVIII).

Posúe á súa vez unhas paisaxes e espazos naturais dignos de mención. Áreas protexidas como A Fraga Vella, importantes leitos de auga nos que se pode practicar a pesca e unha área de rocas calcarias que fan que aquí se localicen as covas máis grandes de Galicia con máis de de 7km de percorrido interior, a Cova do Rei Cintolo.

 

La Catedral de Mondoñedo

Chamada tamén a catedral arrodillada, polas súas perfectas proporcións e a súa escasa altura. A Catedral Basílica da Asunción, declarada Monumento Nacional en 1902, empézase a construír en 1219 e conságrase polo Bispo Martín en 1248. O cruceiro e sancristía realizáronse con posterioridade seguindo o estilo gótico. Entre os ss. XVI e XVII abriuse a girola para obter maior amplitude e prolongáronse as naves laterais, e no XVIII realízase unha importante modificación na fachada coa construción de dúas torres de tres corpos rematadas con cúpulas e engádese un tramo máis a cada lado do cruceiro, polo que resulta un templo amálgama de varios estilos arquitectónicos. De planta rectangular, consta de tres naves, cruceiro, capela maior, girola rectangular e claustro, fabricada con sillería granítica e cuberta con lousa. Fachada coa primitiva portada románica de dúas arquivoltas e seis columnas, rosetón ojival central.