Este pequeno concello pertencente á comarca de Meira está formado por sete parroquias dunha extraordinaria beleza paisaxística e que convidan a facer excursións polas serras de Pusadoiro e Augaxosa e polos vales dos ríos Orrea, Eo e Torto.
O municipio está repleto de numerosos templos parroquiais e capelas. Entre as máis importantes háxanse a capela de San Bernabé e San Roque do século XI, que se atopan en Espante de Riba e os retablos das igrexas de Santa María e San Pedro en Meilán. Destaca tamén a chamada Torre do Mouro, unha edificación medieval que se atopa en Santa Marta.
Na parroquia de Ferreiravella concéntrase a produción artesanal, onde algúns ferreiros aínda elaboran apeiros de primeira necesidade, á maneira tradicional dos seus antepasados.
A gastronomía de toda a comarca conta con deliciosos pratos baseados na tradicional cociña galega. Imprescindible a torta de Riotorto, feita con améndoas, ovos e froita confeitada.