HÉRCULES BRASS

HÉRCULES BRASS
Información:
  • Do Domingo, 22 de Agosto de 2021 ao Luns, 23 de Agosto de 2021
  • 20:30h.
  • Barreiros e Vilanova de Lourenzà

PROGRAMA

G. Farnaby, A. Holborne. arr. J. Glasel- E. Howarth- Dúas pezas renacentistas
J. S. Bach. arr. F. Mills- Toccata e fuga en Re menor
G. Verdi arr. J. P. Bouchard, Obertura, A forza do destino
G. Puccini arr. F. Mills, Musetta’s Waltz Song, La Bohème
J. Turina arr. R. Rodríguez, Danzas Fantásticas (Orgía)
G. Bizet arr. B. Holcomboe, Carmen Fantasy
P. Piqueras, De Cai

HÉRCULES BRASS QUINTETO DE METAIS

Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente naOrquestra Nova da Sinfónica de Galiciae naJoven Orquesta Nacional de España.

Xa nos seus comezos Hércules Brass foi finalista no8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintetcelebrado en Alemaña, semifinalista no8th International Chamber Music Competitionen Francia e obtivo o primeiro premio doIV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparzaen Benimodo.

Afondaron na música de cámara no Curso de Especialización de Música de cámara naEAEM (Escola de Altos Estudos Musicais)de Santiago de Compostela.

O seu interese por ampliar e dar a coñecer o repertorio para quinteto de metais é patente na súa labor didáctica co proxectoOS SUPERHÉRCULES;no feito de que compositores galegos comoXoan Antón Vázquez, Fernando Arias e Juan Durán,lle adicaron obras, e tamén na súa participación no proxectoNo Bico un Cantar, organizado polo Consello da Cultura Galega, interpretando arranxos xunto con 400 nenos.

O novo ensemble actuou en Galicia, Asturias, Zamora, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña e Madrid. En Decembro de 2012 foron invitados pola JONDE para participar como profesores naOrquesta Manuel María Gutiérrez, así como nunha serie de concertos en Costa Rica.

Ademais, participaron en festivais como oIX Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas,Festival Spanish Brass Alzira 2013,Festival Ticino Musica 2013en Suiza, este último como quinteto residente.

Na súa curta traxectoria xa actuaron como solistas coaOrquestra Nova da Sinfónica de Galicia,aBanda Unión Musical de Meaño, aBanda Municipal de A Coruñae aOrquestra Sinfónica de Galicia.

Recentemente, foron protagonistas dunha das emisións de“Música Joven”enRadio Clásicade RTVE e recibiron o primeiro premio no“eMuse” Online Music Competition 2014

Dende agosto de 2014 organizan oFestival Hércules Brass Celanova, na localidade ourensá.