ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - DIMA SLOBODENIOUK, DIRECTOR

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - DIMA SLOBODENIOUK, DIRECTOR
Información:
  • Xoves, 26 de Agosto de 2021
  • 20:30h.
  • Catedral de Mondoñedo

PROGRAMA

J.S.Bach: Suite para orquesta n.2 BWV 1067
Joaquín Turina.: La oración del torero
John Adams: Shaker loops

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

É unha das orquestras sinfónicas de maior proxección en España e unha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de Youtube, con máis de cen mil subscritores.

A OSG foi residente do Festival Rossini de Pésaro e realizado varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 ofreceu unha xira en América do Sur, en 2009 actuou na Musikverein de Viena e en 2016 nos Emiratos Árabes.

A OSG traballou con artistas de talla internacional como Dudamel, Maazel, Eschenbach, Marriner, Koopman, López Cobos, Harding, Vänskä, Zedda, Jurowski, Rozdestvenski, Pollini, Anne-Sophie Mutter, Zimerman, Sokolov, Pires, Leonskaja e gravado para Deutsche Gramophon, Sony, EMI, DECCA, Koch, Bis, Naïve, BMG e Arts.

A OSG foi nomeada ao Grammy en 2007 e ao Classical: Next Innovation Award en 2015.

 

DIMA SLOBODENIOUK

Dima Slobodeniouk é director principal da Orquestra Sinfónica de Lahti e director artístico do Festival Sibelius. Coñecido polo seu liderado artístico, Slobodeniouk é tamén director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha posición que ocupa desde 2013 e que combina co seu posto máis recente en Lahti desde 2016.

En 2017/18 Dima Slobodeniouk debuta coa Orquestra Filarmónica de Berlín e a Orquestra Sinfónica da Radio Bávara, así como coa Orquestra Sinfónica de Sydney e a Orquestra Sinfónica de Nova Jersey. Entre os seus reinvitaciones inclúense a Orquestra do Gewandhaus de Leipzig con Viktoria Mullova e Matthew Barley na estrea de At- Swim- Two- Birds de Pascal Dusapin, así como o Triplo concerto para violín, violoncelo e bayan de Sofia Gubaidulina con Baiba Skride, Harriet Krijgh e Elisabeth Moser e a Netherlands Radio Philharmonic.

Tamén regresa á Orquestra Sinfónica de Islandia e a Orquestra Nacional de Lyon.

A discografía de Slobodeniouk comprende obras de Lotta Wennäkoski coa Orquestra Sinfónica da Radio Finlandesa ( Ondine).

Ademais, mantén unha activa colaboración con BIS Records, selo para o que gravou traballos do compositor finlandés Sebastian Fagerlund coa Orquestra Sinfónica de Gotemburgo.

Os seus próximos cedés para BIS inclúen obras de Stravinski, Prokófiev e Kalevi Aho.