CUARTETO CASALS

CUARTETO CASALS
Información:
  • Mércores, 25 de Agosto de 2021
  • 20:30h.
  • Basílica de San Martiño, Foz
Entradas esgotadas

PROGRAMA

Wolfgang Amadeus Mozart: Streichquartett Nr. 15 d-Moll KV 421 (417b) (ca. 33 min)
Dahaaoud Salim, Variacións sobre unha praza en silencio e azoteas alegres (Estrea mundial)
Dmitri Schostakowitsch: Streichquartett Nr. 11 f-Moll op. 122

CUARTETO CASALS

Fundado en 1997 na Escola Reina Sofía de Madrid, o Cuarteto Casals celebró o seu XX Aniversario cun proxecto especialmente ambicioso: a integral dos 17 cuartetos de Beethoven, xunto con seis obras de encarga a compositores contemporáneos, e interpretados en cidades de Europa, Asia e América Latina.

Tras gañar os primeiros premios nos concursos internacionais de Londres e de Hamburgo, o Cuarteto Casals foi convidado de maneira regular polas salas de concertos más prestixiosas do mundo incluíndo Carnegie Hall (Nova York), Wigmore Hall (Londres), Philarmonie ( Berlin), Kö lner Philarmonie (Colonia), Cité da Musique ( París), Schubertiade de Schwarzenberg, Concertgebouw (Ámsterdam) entre outras moitas cidades do mundo.

Desenvolveron unha importante producción discográfica para o selo Harmonia Mundi, formada por 12 CDs, que inclúen un amplo repertorio desde Arriaga ou Toldrà ata compositores clásicos vieneses como Mozart, Haydn, Schubert e Brahms, sen esquecer grandes nomes do século XX como Debussy, Ravel e Zemlinsky.

O grupo foi recoñecido co Premio Nacional de Música (2006), o Premi Nacional de Cultura de Catalunya (2016), e o Premi Ciutat de Barcelona (2005).

Actúa cada ano no Palacio Real de Madrid, coa extraordinaria colección de instrumentos Stradivarius.

Ademais de impartir clases maxistrais moi solicitadas, é Cuarteto Residente no conservatorio Koninklijk da Haia e na Escola Superior de Música de Cataluña de Barcelona, cidade onde residen os catro membros.