Programa:


W. A. Mozart

Adagio y fuga en Do memor, KV. 546

Jesús Bal y Gay

Concerto Grosso

Félix Mendelssohn

Sinfonía Nº4 en La Maior “Italiana” Op. 90


Bio:
A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996.
Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon
Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17
nacionalidades diferentes.
Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén
unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis
destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Ten realizado xiras e
concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e
Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Firmemente comprometida co
territorio ao que presta servizo, mantén unha intensa actividade concertística en toda
Galicia.
A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de
compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 cedés, dedicados a
Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz
Schubert ou José Arriola.
A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de
propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademais a
realización de concertos en espazos abertos.
A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa
que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral
a xoves intérpretes.

Lugar: Catedral de Mondoñedo

Hora: 21:00