Despois de cinco anos rodando os seus primeiros dous proxectos, Arcos Iris volve co seu terceiro e novo espectáculo, “O Mundo Soa”, un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas de todos os continentes do planeta Terra. O punto de partida será a Andalucía xitana, descubriremos os ritmos nativos das tribos africanas, bailaremos tango en Buenos Aires e bossa nova en Brasil. Pasando por México entramos en América do norte, onde coñeceremos a auténtica música dos Estados Unidos. A continuación deixarémonos levar polas ondas musicais de Oceanía antes de saltar á milenaria cultura chinesa coas súas afastadas sonoridades e harmonías. O árido Oriente Medio e o virtuoso folk ruso traerannos de volta á nosa querida Europa, onde volveremos gozar dalgúns dos compositores máis grandes da historia da música clásica.Unha volta musical ao mundo.
Unha experiencia inesquecible

Lugar/hora:
18:00 Praza do concello, Viveiro
20:00 Praza do concello, Vilanova de Lourenzá