Un relato sobre a posta en escena da coreografía da Novena Sinfonía de Beethoven a cargo do Béjart Ballet de Lausana. A través da mirada dunha nova narradora, o documental de Arantxa Aguirre desprega un fascinante armazón de historias persoais ao redor da coreografía de Maurice Béjart, estreada o 1964. Desde os ensaios na sede da compañía en Suíza, a colaboración desta co Ballet de Toquio e a Orquestra Filarmónica de Israel dirixida por Zubin Mehta, Aguirre mostra o diálogo intercultural e os retos artísticos dun dos espectáculos coreográficos máis impactantes do século XX. Dancing Beethoven foi nomeada mellor película documental nos Premios Goya 2017 e recibiu varios premios.

Lugar: Auditorio de Mondoñedo y Casa de la Cultura Foz


Hora: 20:00