Programa:


L. van Beethoven

  • Sonata en Re Maior “Pastoral”, No. 15 , op 28

L. van Beethoven

  • Sonata número en Fa Maior No. 6

A.Ginastera

  • 3 Danzas Arxentinas

 

Bío:

Gañador do Primeiro Premio e do Premio do Público no Concurso de Piano de Santander ”Paloma Ou’ Shea” 2015, do Primeiro Premio no Concurso Steinway de Berlín 2015 e da Medalla da Cidade de Sevilla, Juan Pérez Floristán é coa súa mocidade un referente entre as novas xeracións de músicos españois e europeos.
Incansable e xoven pianista, debutou nalgúns dos principais festivais e salas do mundo, como o Wigmore Hall de Londres, a Herkulessaal de Munich ou a Filharmonía de San Petersburgo, festivais como o Ruhr Klavier Festival, o Festival de Verbier ou o Festival de Santander, e xiras pola práctica totalidade de Europa e Latinoamérica.
Cun repertorio que abarca desde Mozart ata Prokofiev, é un invitado asiduo da maioría de orquestras españolas ademais de colaborar con orquestras europeas como a BBC Philharmonic Orchestra, Orquestra Sinfónica de San Petersburgo, Orquestra Sinfónica de Malmö…
Ten varias gravacións, sendo a última coa BBC Concert Orchestra en 2018. Este CD sumouse aos proxectos discográficos, que inclúen o seu CD para Naxos e dous CDs con obras de cámara.
Debe a súa formación fundamentalmente á súa nai (María Floristán), a Ana Guijarro, a Galina Eguiazarova e a Eldar Nebolsin, o seu actual mentor. Tamén recibiu consellos e clases de Daniel Barenboim, Menahem Pressler, Nelson Goerner… Aínda así, mención aparte na súa formación merece Elisabeth Leonskaja, pois significou unha axuda inestimable no seu desenvolvemento persoal e artístico.

Lugar: Pazo do Conde de Fontao


Hora: 20:30