Programa: Dixieland Swing


Cun espectáculo eminentemente festivo, os concertos dos Hot Chocolates caracterízanse por transmitir a alegría e positivismo do jazz tradicional e a diversión do baile do swing. Componse dunha sección rítmica soporte de toda a orquestra, a que, como é habitual, complétase con dúas seccións de ventos e dúas voces. Conseguen facernos viaxar a aquela tan divertida época que plasmaron grandes directores de cinema, como Martín Scorssese ou Woody Allen, entre outros moitos, nas súas películas, levándonos aos primeiros anos do Cotton Club en Nova York, onde as grandes orquestras do xénero actuaban regularmente. As famosas formacións de Duke Ellington, Fletcher Henderson, Cab Calloway, Bix Beiderbecke, representativas deste estilo, volven soar en calquera concerto de ”Os Hot Chocolates”.

Lugar: Canpo da Cabana, Foz


Hora: 20:30