Programa:
L. van Beethoven

  • Obertura Egmont Op. 84
  • Sinfonía Nº3 “Heroica” Op. 55


Bio:
O ensemble Bal y Gay créase co fin de difundir o repertorio sinfónico ou formas instrumentais de cámara pouco habituais nun espazo de plena ilusión, de compromiso e de paixón pola música. A agrupación está formada por mozos músicos das máis prestixiosas orquestras (Orquestra Nacional de España, Orquestra do Gran Teatro do Liceu, Orquestra de Euskadi, Orquestra da BBC de Escocia, Orquestra do Festival de Verbier, ou Orquestra Sinfónica de Hamburgo, entre outras) así como de intérpretes de distintas formacións que desenvolven unha carreira profesional de nivel internacional. Ao longo as edicións participaron máis de 80 músicos profesionais neste proxecto.
A ambición, vontade e motivación dos participantes que se reúnen para ensaiar durante os días do Festival na localidade de Foz converte o concerto final nun evento realmente especial tanto para os intérpretes como para o público.

Lugar: Auditorio de Ribadeo


Hora: 20:30