PURO GERSHWIN

PURO GERSHWIN
Información:
  • Domingo, 22 de Agosto de 2021
  • 21:00h.
  • Finca Goleta, Foz
Entradas esgotadas

A cantante Sheila Blanco e o pianista Federico  Lechner xunto ao veterano guitarrista Chema  Sáiz, deciden formar este  trío de piano, guitarra e voz para render homenaxe ao xenial compositor George  Gershwin, unha das pedras angulares, non só da  música de jazz, senón da historia da  música do século  XX. 

Sempre en clave de jazz e usando a  improvisacion e a constante  comunicación entre os tres para crear unha  música expresiva e viva, o  trío utiliza moitos dos grandes temas do neoiorquino para gozar e para deixar o seu sinal sobre eles. 

Algúns dos temas interpretados son  Summertime,  Nice  work  if  you can  get  it,  My  man ́ s  gone  now,  But  not  for me, I  love  you  Porgy,  Someone  to  watch  over me e algunhas outras  melodías inspiradas, a  maioría de elas con letras do seu  tamén xenial irmán Ira  Gershwin.