A Xunta de Galicia a través do programa O teu xacobeo colabora coa Fundación Xesús Bal y Gay no proxecto “Schubert non camiño”.
O Festival de Música Bal y Gay nace en 2014 como unha iniciativa da Asociación Xesús Bal y Gay para achegar a música clásica de calidade a unha contorna onde a accesibilidade a esta era moi limitada.
Desde entón, intérpretes do momento reúnense en A Mariña na segunda quincena de agosto para promover a formación musical, así como para vivir experiencias artísticas onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio arquitectónico da zona, a paisaxe ou a gastronomía. Un proxecto que non só enriquecerá culturalmente a poboación se non que provocará unha afluencia turística que dotará á provincia de maior visibilidade e repercusión.
Despois de sete edicións, o Festival Bal y Gay consolídase como un Festival de referencia en Galicia tanto a nivel de público como de prensa, grazas a un cartel de artistas de primeiro nivel.
+ INFORMACIÓNA Fundación Xesús Bal y Gay nace en febreiro 2020, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da cultura nas súas distintas formas de creación e expresión e en especial na música como vehículo de cohesión social e de desenvolvemento conginitivo-emocional nunha sociedade.
+ INFORMACIÓNA Xunta de Galicia a través do programa O teu xacobeo colabora coa Fundación Xesús Bal y Gay no proxecto “Schubert non camiño”.
O festival Bal y Gay presentou a súa edición de 2021, que se celebrará do 14 ao 16 de maio e do 18 ao 26 de agosto na Mariña lucense cun programación musical de excelencia en espazos máxicos, onde a música compartirá protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona.
A Fundación Banco Sabadell será o colaborador principal do festival ‘Bal y Gay’, que organiza a Fundación Xesús Bal y Gay, para a súa edición de 2020 tras o acordo ao que chegaron ambas as partes.
e recibe información actualizada do Festival